Brión é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago de Compostela. No ano 2009 tiña aproximadamente 7.205 habitantes (3.567 homes e 3.647 mulleres). O seu xentilicio é Brionés.
Brión ten unha superficie de 74,9 km². Limita cos concellos de Ames, Negreira, Outes, Noia, Lousame, Rois e Teo. En total ten 9 parroquias, Cornanda, Luaña, Viceso, Ons, Brión, Boullón, Os Ánxeles, San Salvador e Bastavales, sendo a súa capital Pedrouzos.
O IES de Brión atópase en Pedrouzos. Nel impártense os catro cursos da ESO, e Bacharelato nas modalidades de Ciencias e Tecnoloxía e Humanidades e Ciencias Sociais. Na actualidade conta cun Programa de Diversificación Curricular en 3º e 4º de ESO e agrupamentos específicos en 1º e 2º da ESO.

